Friday 26 de April de 2024

A Coruña acollerá a primeira xornada Sport Experience Factory


O vindeiro mércores, 17 de novembro, celebrarase en Palexco a primeira xornada Sport Experience Factory, dirixida a todas as entidades deportivas da cidade e aos profesionais do mundo do deporte. Será un punto de encontro para debater sobre os retos de futuro do deporte e a súa industria.

O evento foi presentado este venres no Pazo dos Deportes da Coruña, coa presenza da concelleira de Deportes, Mónica Martínez, o director de Sport Experience Factory, Antonio Fafián, e o director da xornada da Coruña, Javier Tola.

A apertura correrá a cargo dos promotores da xornada e da concelleira de Deportes, Mónica Martínez. A continuación, botarase una ollada ao deporte local postpandemia e farase a presentación da Cidade da Integración, probablemente o proxecto máis importante que se está a desenvolver actualmente relacionado co deporte e a saúde. Falarase tamén da irrupción das novas tecnoloxías na industria do deporte e debatirase sobre xornalismo deportivo.

A xornada vespertina abrirase coa análise dalgúns dos dirixentes deportivos máis destacados do país antes da clausura por parte das autoridades locais.

Lista provisional de ponentes:

Antonio Couceiro – Presidente RC Deportivo.
Daniel Echeverría – Presidente Liceo.
Roberto Cibeira – Presidente Basquet Coruña.

Tomás Fernández Jaén – Secretario da comisión médica da LFP.

José Mª García – Xornalista de Radio España, Pueblo, Cadena SER, Antena 3, COPE e Telefónica.
Manuel Saucedo – ex director de Marca.

Antonio Martín – presidente de la liga ACB.